Monday 29 de April de 2024

Cabanas convoca tres prazas con cargo ao PEL


Convócanse prazas de peón, operario/a condutor/a e albanel, con contratos de seis meses a xornada completa

O Concello de Cabanas anuncia a convocatoria de tres prazas con cargo ao Plan de Emprego Local (PEL) Concellos da Deputación da Coruña, que ten por obxectivo a contratación de persoal a xornada completa durante seis meses para o reforzo de diferentes servizos municipais.

A cuadrilla que seleccionará o Concello de Cabanas estará composta por tres persoas, para cubrir os postos de operario/a condutor/a, peón e albanel, coas seguintes características:

Peón: seis meses a xornada completa, cunha retribución bruta de 1260 € mensuais, incluíndo o rateo de pagas extra.
Operario/a condutor/a: seis meses a xornada completa, cunha retribución bruta de 1359,16 € mensuais, incluíndo o rateo de pagas extra.
Albanel: seis meses a xornada completa, cunha retribución bruta de 1359,16 € mensuais, incluíndo o rateo de pagas extra.
As persoas interesadas poden presentar as correspondentes solicitudes desde o día 12 ao día 18 de abril de 2023 a través do Rexistro do Concello de Cabanas, así como nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.